Pulpiño Viascón comezou a súa andaina no mundo da música ao redor dos 16 anos, na Coruña, co seu primeiro grupo PARADA DISCRECIONAL, sendo o seu estilo musical un punk feito con retranca galega. Chega a ser así, compoñente dun dos grupos que na década dos oitenta saían ás rúas e aos bares a facer os seus concertos con grupos naqueles intres como RADIO OCÉANO ou OS RESENTIDOS.


Despois de ser partícipe de todos estes proxectos musicais, decide marchar para Holanda, alí participa como músico multi-instrumentista en varias bandas locais de música electrónica. Despois marcha para Alemaña e alí tamén participa en varios proxectos musicais, con xente de “guts pie heartsow”.
A partir de aquí, Pulpiño Viascón, atópase en Alemaña con xente dos Verghalludos, concretamente con Nacho Garbanzo, que estaba empezando a preparar o proxecto JARBANZO NEGRO. Neste proxecto, o cal empezou en serio a partir da unión de Pulpiño e Nacho, foron quenes de xuntar a Tanja no saxo e no acordeón, Uli ao baixo e a Paquiño, o gaiteiro de Cáceres, e embarcalos no Jarbanzo Negro. Empezan a ensaiar no local social okupado “EXZESS” de Frankfurt(Alemaña) sendo os seus primeiros bolos en Alemaña. Estando xa unidos e vendo que a banda funcionaba e gustaba volven a Amsterdam a tocar, sendo o seu principal motivo cultural a música na rúa. Alí en Amsterdan tiveron os seus primeiros contactos co mundo circense, no cal deciden embarcarse e marcharon para Suiza onde o JARBANZO NEGRO segue a facer os seus bolos e teatro de circo. Rematada a súa labor co circo Kran e deciden marchar para Barcelona onde se instalan no Circo Rogelio Rivel, no Ateneu Popular Nou Barris.

Pulpiño Viascón despois de 9 anos co Jarbanzo Negro decide volver para Galiza e aquí facer novos proxectos, involúcrase na banda de Paco Lodeiro LA SONORA CALLEJERA, en BONOVO, grupo que forman actualmente Oscar Cempés e Roberto Grandal, tamén forma parte do grupo de música electrónica GalegoZ. Pulpiño participa como músico clown en espectáculos da carpa do Cultura Circula con Chévere e no espectáculo teatral FIESTAS POPULARES da compañía de teatro de Barcelona que fundou xente que formaron parte da Fura dels Baus coma Juan Navarro. Pulpiño segue a facer música con colaboracións en discos e concertos con Manu Chao, Tonino Carotone, Susana Seivane, Josele Santiago, Pablo Novoa, Mastretta, Sagarroi, Miguel Malla, etc.

E aquí a idea de formar unha banda de músicos con Fran Amil a batería, excompoñente do grupo OS PAPAQUEIXOS, de OS DIPLOMATICOS, e actualmente en OS TRES TREBÓNS. Miguelón Ladrón De Guevara na guitarra e coros, con gran traxectoria no panorama musical galego como LA SONORA CALLEJERA, A CARICIA DA SERPE e LA RUMBA ATLÁNTICA. Mangüi, excompoñente de OS DIPLOMATICOS DE MONTEALTO, ao baixo electrico, e Fran aos teclados e coros.
A BANDA DE PULPIÑO VIASCÓN está collendo popularidade nos seus concertos e nas súas actuacións na TVG polo seu directo festeiro e contundente. O seu estilo musical abarca dende a rumba, o ska, o punk, o folc ou as rancheras, sendo todos estes estilos primordiais para un directo cargado de música para calquer festival. No seu directo tamén se atopan sorpresas coma a interpretación de cancións co serrucho, con acordeón, coa gaita e ca súa voz chea de enerxía.
Neste ano Pulpiño Viascón e a súa banda percorrerá tódolos festivais posibles mostrando o seu explosivo directo.
Nenhum comentário:
Postar um comentário